23/10/15

Estrea de Aureas!!!!!


Estades preparadas para a estrea de Aureas?

 Mañá 24 de outubro no Club Charenton en Ramón Nieto 58, as 22h.
Vaiser un desembarco musical con moito ritmo, vinde bailar unhas pezas e gastar pista.
 

9/6/15

Pandeireta de madeira de piñeiro natural e 9 pares de ferreñas. Pelexo decorado con pinturas acrílicas.

27/3/15

Foliqueiras na Reconquista de Vigo 2015

Ola familia virtual, este ano como outros pasados, estaremos na festa da Reconquista de Vigo. 
O noso posto estará na praza da Constitución, e esperamosvos para compartir unhas risas, un canto, un baile, un licor café, todo o que poidamos. E de paso botades unha ollada os nosos novos fillos e fillas. 
Aquí deixamos unha mostra:
Queredes saber que é? .........  pasade polo posto Foliqueiro!!!!!!
 

6/2/15

Esta xa ten un tempo pero non estaba neste escaparate, así que colgamola para que podades vela. 
A pandeireta de Gloria.
 

6/1/15

Rematadalas festas xa cada instrumento estará co seu dono ou a súa dona, este é un deles, espero que a meca quedara contenta.